Ir ao contido principal

Coloquio Internacional “Culturas urbanas na Idade Moderna: dinámicas e impacto no espazo rural”

Neste coloquio, organizado polo proxecto de investigación ​”Culturas urbanas: las ciudades interiores en el noroeste ibérico, dinámicas e impactos en el medio rural” coa financiación da Axencia Estatal de Investigación, Ministerio de Economía y Competitividad, e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, participarán máis de dúas ducias de investigadores e profesores tanto da USC e das universidades de A Coruña, Almería, Cantabria, León, País Vasco, Oviedo e Valladolid, así como da universidade francesa de Caen a da Universidade de Coimbra (Portugal).

Contará, entre outras intervencións, cunha conferencia invitada, pronunciada pola profesora da Universidad de Valladolid Margarita Torremocha Hernández, titulada: Conocer al juez para interpretar el litigio en una “Justicia de jueces”​. ​A conferencia de clausura correrá a cargo do catedrático da Universidad de Almería Francisco Andújar Castillo que tratará o tema da Corrupción y anticorrupción en la España Moderna.

O coloquio está recoñecido como actividade oficial do Máster Monarquia de España, Siglos XVI-XVIII, das Universidades de Cantabria, Autónoma de Madrid e Santiago de Compostela, e validado polo Programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC (equivalente a dez horas lectivas).

ENLACE AO PROGRAMA