Ir ao contido principal

Aparición do libro: Inmigración, traballo e servizo doméstico na Europa urbana, séculos XVIII-XX

Os traballos deste libro permitirán ao lector facerse cunha imaxe comparada da relación que a inmigración, o funcionamento dos mercados de traballo e o servizo doméstico estabeleceron entre sí, por xunto ou separado, no seo das diferentes cidades europeas no curso dos séculos XVIII, XIX e XX. A novidade dos mesmos non só se apreza nos resultados que achegan, senón tamén nos métodos que boa parte deles empregan.

O recurso á información contida en bases de datos nominativas permite estudar dende un punto de vista orixinal cuestións fundamentáis, como a relación que houbo entre a destrucción dos mercados de traballo rural, a inmigración á cidade e a evolución seguida polos mercados de traballo urbanos; o nacemento e desenrolo das redes de paisanaxe na ciudade; o papel xugado pola familia nas lóxcas de inserción laboral urbana; a diferente plasmación que tiveron os proxectos migratorios e laborais das mujeres ao chegar á urbe; os efectos da movilidadesocial e laboral do servizo doméstico; a relevancia que nas cidades tivo a poboación flotante, etc.