Aparición do libro: A vida inquieta. Conflitos sociais na Idade Moderna

Recorrendo a unha grande variedade de fontes, non só xudiciais, e combinando métodos cualitativos e estatísticos, nesta obra analízanse e explícanse as distintas expresións e formas de resolución da conflitividade social na España da idade moderna. Disputas entre Irmandades de Mareantes, no comercio marítimo, no exército e nas academias militares, entre os cregos e e as institucións eclesiásticas, as escuras relacións entre sodomía e xustiza urbana, a resistencia popular aos poderosos, a feiticería e a Inquisición, as liortas académicas acaídas na provisión das cadeiras e até os conflitos e diferenzas xerados nas bibliotecas xerados trala desamortización…, teñen eco neste libro coral e na erudición e esforzo de autores especializados, que proporcionan ao lector do reflexo directo dun mundo passado, dun mundo no que se es caso a conflitividade social era, mutatis mutandis, um elemento tan cotián como o é hoxe.