Ir ao contido principal

Xornadas Montes, Territorio e Paisaxe

Os próximos días 27-28 de setembro celébranse no Consello da Cultura Galega as Xornadas “Montes, Territorio e Paisaxe”, coordinadas polo catedrático e membro do Grupo de Investigación de Historia Moderna da USC Pegerto Saavedra, e o Arquitecto Iago Seara. Estas xornadas,  reúnen, dende unha perspectiva interdisciplinar, a varios especialistas (historiadores, historiadores da Arte, xeógrafos, arquitectos e urbanistas, enxeñeiros, economistas, etc.), e  están orientadas ao estudo e debate do protagonismo que están acadando os montes como soporte dun patrimonio variado e como peza fundamental na ordenación do territorio, e completan en certo modo as realizadas hai agora un ano (“Traxectoria dos montes comunais galegos: a súa consideración como recurso produtivo, ambiental, paisaxístico e de calquera outro tipo”),  nas que os montes se analizaron máis ben dende unha perspectiva histórica.