Ir ao contido principal

Membros do Grupo de Investigación de Historia Moderna participarán no XII Congreso da ADEH

Entre os días 4-7 de setembro terá lugar o XII Congreso da Asociación de Demografía Histórica na cidade de Oporto (Portugal). A catedrática Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM, será a encargada de coordinar a sesión xeral de migración, que comprende as sesións 6, 12, 39, 44, 48, 54, xunto ao profesor Jordi Bayona. Do mesmo xeito, o profesor Camilo Fernández Cortizo organizará a sesión 6, relativa ás migracións internas, e presentará distintos estudos en diferentes sesións do encontro.