Ir ao contido principal

O profesor Isidro Dubert imparte un seminario no Institut d’Història Jaume Vicens i Vives da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona

O pasado 6 de febrero o profesor Isidro Dubert impartiu un seminario no que explicou e debateu cos asistentes sobre as consecuencias económicas e sociais derivadas da Chegada e instalación dos cataláns en Galicia a finais do Antigo Réxime. No curso do mesmo, atendeuse, entre outras cousas, ás circunstancias que motivaron esa chegada e instalación; ás resistencias das elites tradicionais e dos ilustrados galegos á mencionada instalación; ás estratexias de oposición desenvolvidas por estes, quer no plano institucional quer no da publicística ou da posta en pé de iniciativas empresariais de curto ou nulo percorrido; ás implicacións derivadas da súa consolidación como as novas elites económicas e sociais na Galicia litoral; etc.