Publicación do libro “A mobilidade estudantil en Europa e América (séculos XIII-XXI): Do «Peregrinatio académico» ao Programa Erasmus”

Publicación do libro A mobilidade estudantil en Europa e América (séculos XIII-XXI): Do «Peregrinatio académico» ao Programa Erasmus, editado por Camilo J. Fernández Cortizo e Domingo Luís González Lopo. Neste traballo, vinculado á Cátedra UNESCO sobre Migracións (USC) e ao Grupo de Investigación “Historia Moderna” (GI-1921), atópanse diferentes traballos relacionados coa mobilidade docente e estudiantil no marco universitario do século XIII ata o Século XXI.
Sinopse:
Na historiografía das últimas décadas sobre a Historia das universidades, unha sección moi frecuente é a referida ás estatísticas da poboación escolar e da mobilidade territorial e social, a peregrinatio académica, xustificando así a súa elección como tema central do XIII Coloquio en Compostela da Cátedra UNESCO sobre Migracións, celebrado os días 8 e 9 de novembro de 2018. Os seis traballos presentados, que se reúnen neste volume, reconstruen a traxectoria de diferentes universidades hispánicas, certamente de relevancia e proxección académica, moi diversas, situadas, na súa maior parte, en territorio peninsular: Coimbra (F. Taveira da Fonseca), universidades da Coroa de Aragón (R. Ramís Barceló), Salamanca (L. E. Rodríguez-San Pedro Bezares) e Santiago de Compostela (P. Saavedra), á que se engade a Universidade de México (A. Pavón Romero). A diferenza dos capítulos anteriores, o último aborda outro problema máis actual e internacional, o derivado da globalización e a mobilidade dos estudantes a través do programa Erasmus (D. Malet Calvo).
Editores:
-Camilo Jesús Fernández Cortizo
-Domingo Luís González Lopo
Autores:
-Francisco Fernández Izquierdo
-Rafael Ramis Barceló
-Fernando Taveira da Fonseca
-Armando Pavón Romero
-Luís E. Rodríguez-San Pedro Bezares
-Pegerto Saavedra Fernández
-Daniel Malet Calvo