Workshop On-line: Gobernanza, conflito e construción de cultura política na Idade Moderna

Os tres subproxectos de Culturas urbanas e resistencias na monarquía hispánica na Idade Moderna levarán a cabo o 2 de setembro de 2020 un obradoiro conxunto que conectará sincronicamente as tres sedes do proxecto coordinado: Santiago de Compostela (USC), Ferrol (UDC) e Santander (UC). Ofelia Rey Castelao e Camilo J. Fernández Cortizo, profesores do departamento de Historia da USC e membros do GIHM, coordinarán a sesión de Santiago na citada reunión. Nesta sesión, ademais dos organizadores, participarán: Roberto J. López López, Domingo L. González Lopo, Fernando Suárez Golán, Francisco Cebreiro Ares, Ana M. Sixto Barcia, Anxo Rodríguez, Daniel Mena e Yago Castro.
Finalmente, o encontro celebrarase de forma electrónica a través de Microsoft Teams entre as 10:00 e as 12:00 h., momento no que tamén haberá unha presentación dos obxectivos e actividades xa realizadas no marco do proxecto, así como un adianto dos que quedan por cumprir e, entre estes, dos que non se puideron levar a cabo, por causas relacionadas co Covid-19, desde mediados de marzo.