Ofelia Rey Castelao participará en Histori@dores

Ofelia Rey Castelao, profesora de Historia e membro do GIHM, vai participar na iniciativa arxentina Histori@dores, promovida pola Fundación para a Historia de España. A iniciativa consiste nun ciclo de encontros científicos virtuais sobre un tema ou perspectiva común e transversal no eixo temporal, onde algunhas das personalidades máis destacadas da investigación histórica de Arxentina, Brasil e España participarán en varias sesións. A profesora da USC falará sobre as mulleres e o traballo urbano na Coroa de Castela, dos séculos XVI ao XVIII.
O evento celebrarase e poderase seguir a través da plataforma Google Meet.
Máis información: http://www.fheargentina.com.ar/