Ir ao contido principal

Defensa da tese de doutoramento “Información, saber e poder en Galicia a fins do Antigo Réxime”, de Álvaro Benedicto Pérez Sancho

O 25 de outubro de 2021, ás 11:00 horas, terá lugar a defensa da tese de doutoramento de Álvaro Benedicto Pérez Sancho, “Información, saber e poder en Galicia a fins do Antigo Réxime”. Esta tese, vinculada ao GIHM, está dirixida pola catedrática Ofelia Rey Castelao, do Departamento de Historia, Universidade de Santiago de Compostela.

Ficha da tese de doutoramento: 
Título: Información, saber e poder en Galicia a fins do Antigo Réxime
Autor: Pérez Sancho, Álvaro Benedicto
Directora: Ofelia Rey Castelao
Departamento: Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS)
Centro: Facultade de Xeografía e Historia (USC)
Data e lugar de lectura : 25/10/2021 11:00 horas, Presencial – Sala de profesores