Intervención de Daniel Mena no Séminaire Collectif de Recherche da EHESS: Enlace do faladoiro

Daniel Mena, contratado FPU vinculado ao Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921), impartiu unha conferencia no Séminaire Collectif de Recherche de la EHESS de París o 27 de xaneiro de 2021, no que adiantaba algún dos resultados acadados no seu proxecto de tese de doutoramento. Nesta ocasión, o investigador predoutoral falaba sobre as casas rurais do cabido compostelán no período moderno. A devandita institución de investigación francesa veu a colgar o link do seminario, que está a disposición de todos os interesados en escoitalo premendo no seguinte enlace: https://meet.google.com/sdm-cyjw-tgz .