CALL FOR PAPERS: Revista Cuadernos de la Alhambra nº 51 (2022)

A revista Cuadernos de la Alhambra anuncia a apertura do prazo para a recepción de traballos do número 51, que será publicado no ano 2022. As áreas temáticas de interese son: antropoloxía, arquivos, arqueoloxía, arquitectura, belas artes, biblioteconomía e documentación, biodiversidade, botánica, creación artística, conservación e restauración, estudos árabes e islámicos, xeografía e ordenación do territorio, xeoloxía, historia, historia da arte, enxeñaría, xardíns, museos, paisaxismo, novas tecnoloxías para o coñecemento e difusión do patrimonio, educación, turismo sostible e análise de impacto económico e social. A revista está indexada nas seguintes bases de datos: Dialnet, LATINDEX, Index Islamicus, MIAR (ICDS = 6.5), REBIUN, & CIRC. O prazo para o envío de propostas remata o 30 de maio de 2022.
Máis informacións: https://cuadernosdelaalhambra.alhambra-patronato.es/index.php/cdalhambra/about/submissions