Ir ao contido principal

VI Encontro Internacional de Xoves Investigadores en Historia Moderna: Apertura da inscrición

Xa está aberta a inscrición para os comunicantes e todas aquelas persoas que desexen asistir ao VI Encontro Internacional de Xoves Investigadores en Historia Moderna, que se celebrará na Universidade de Santiago de Compostela, do 17 ao 19 de marzo de 2022. Asemade, tamén se está comezando a informar das avaliacións aos autores das propostas de comunicacións.

Na web da FEHM pódense atopar todos os formularios de inscrición, datos das cotas, así como outras informacións. Máis adiante, ofrecerase información sobre aloxamento, estancia en Santiago e outras novas de interese para os asistentes. Ingrese á web premendo na seguinte ligazón:

https://fehm-reuniones.csic.es