CALL FOR PAPERS: X Congreso da AISU (Turín, 2022)
Está aberto o prazo de envío de comunicacións para o X Congreso da Asociación Italiana de Historia Urbana (AIUSU), que se celebrará en Turín entre o 6 e o 10 de setembro de 2022, a cargo do Politecnico di Torino. O congreso conta con oito macrosesións que, á súa vez, se divíden en múltiples itinerarios, todos eles organizados arredor do tema “Cidades adaptativas a través da perspectiva post-pandémica”.
O prazo de presentación de propostas estará aberto ata o 31 de marzo de 2022 e estas deberán enviarse a través da propia páxina web do congreso. Toda a información sobre a reunión, a convocatoria de comunicacións e as sesións (resumos) pódese consultar en: https://aisuinternational.org/torino-2022-call-for-papers/