Ir ao contido principal

O profesor Isidro Dubert participará no seminario “Familles et individus en Europe, de la première modernité à nos jours” (Université de Lyon 2 e CNRS, Francia)

O vindeiro luns, día 4 de abril, de 16:30 a 19:00 h., o profesor Isidro Dubert, director do GIHM, participará no seminario “Familles et individus en Europe, de la première modernité à nos jours”, adscrito ao Master d’Études sur le Genre, organizado por la Université de Lyon 2 e o CNRS (UMR 5190 e UMR 5206). O encontro inscríbese dentro do ciclo de seminarios mensuais do devandito mestrado, que está coordinado por Sandra Brée (CNRS-LARHRA), Manuela Martini (Université de Lyon 2-LARHRA) e Anne Verjus (CNRS-TRIANGLE).

Na súa intervención, que leva por título “Le service domestique en Galice, XVIIIe et XIXe siècles : caractéristiques et comportements au travail”, explicará aos asistentes as chaves do mercado de traballo do servicio doméstico galego, quer no eido rural quer no eido urbano, os cambios que o seu funcionamento coñeceu no curso dos séculos XVIII e XIX, e o impacto que estes tiveron sobre as traxectorias vitais e laborais dos criados e das criadas.