Ir ao contido principal

CALL FOR PAPERS: XXI Coloquio Internacional da AEIHM. Tralo ronsel dos feminismos históricos (Bilbao, out. 2022)

                                                                

A AEIHM celebrará do 26 ao 28 de outubro de 2022, en Bilbao, o seu XXI Coloquio Internacional, que terá como tema monográfico o estudo dos feminismos a través da historia. Así, o coloquio leva por título “Tralo ronsel dos feminismos históricos”. Todos os interesados ​​en participar poden enviar a súa proposta ata o 15 de abril, atendendo ás seguintes indicacións: resumo de 300 palabras (en formato Word), incluíndo de tres a seis palabras clave, as principais fontes nas que se baseará a comunicación, así como o nome e título do autor ou autora, organización á que está vinculado, enderezo postal, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico. Todas as propostas deberán realizarse a través da web (https://xxicoloquio2022feminismos.aeihm.org/propuestas/)

Máis informacións: https://xxicoloquio2022feminismos.aeihm.org/