Ir ao contido principal

CALL FOR PAPERS: II Xornadas Internacionais de Historia do Mundo Atlántico na Modernidade Temperá c.1500-1800

                                                     

Entre os días 5 e 7 de outubro de 2022 vanse celebrar as II Xornadas Internacionais de Historia do Mundo Atlántico na Modernidade Temperá c.1500-1800. Resistencias no Espazo Atlántico: África, América y Europa, que terá lugar en La Plata (Arxentina). A participación será gratuita.

Nesta ocasión, o tema central da reunión será: Resistencia no Espazo Atlántico: África, América e Europa. prazo para a presentación de comunicacións para as distintas mesas temáticas remata o 16 de xuño de 2022. Os membros da USC coordinan as seguintes mesas: 

-Resistencias culturais: transformacións e permanencias na vida cotiá durante a Idade Moderna (séculos XVI- XVIII) 
Organizadores: Daniel Mena Acevedo (Universidade de Santiago de Compostela, España); Lucía Andújar Rodríguez (Universitat Autònoma de Barcelona, España); Luís Gonçalves Ferreira (Universidade do Minho , Portugal) 

-Perspectivas, métodos e fuontes na investigación histórica da historia atlántica 
Organizadores: Dr. Álvaro Benedicto Pérez Sancho ( Universidade de Santiago de Compostela); Alex Valledor Aróstegui ( Universidade de Santiago de Compostela) 

-Contrariar ao Rei nos imperios ibéricos: o desacato ás reformas litúrxico-festivas dos gobernos do periodo ilustrado 
Organizadores: Anxo Rodríguez Lemos (Universidade de Santiago de Compostela); Liliana Andreia Valente Neves ( Universidade do Minho )

-Entre padriños e compadres: redes sociais e estratexias familiares na Idade Moderna 
Organizadores: Mónica Fernández Armesto (Universidade de Santiago de Compostela); Tamara González López ( Universidade da Coruña) 
 
-Resistencias sociais nas monarquías ibéricas na Idade Moderna: os éxitos das manifestacións cotidiás, pasivas e violentas 
Organizadores: Ofelia Rey Castelao (Universidade de Santiago de Compostela); Rubén Castro Redondo (Universidad de Cantabria) 

-Os tempestuosos océanos da fe: resistencias relixiosas nos imperios hispánicos
Organizadores: Ana M. Sixto Barcia (Universidade de Santiago de Compostela) Fernando Suárez Golán (Universidade de Vigo)

 

Todos os interesados deben enviar un correo a pimamt@fahce.unlp.edu.ar, empregando o seguinte formato:

  • Título da ponencia/comunicación.
  • Nome completo do autor, correo electrónico, dirección postal e perteneza institucional.
  • Área ou áreas temáticas (ata tres) nas que se enmarca o traballo.
  • Resumo da ponencia cun máximo de 250 palabras, formato Word (doc o docx), letra Times New Roman tamaño 12.
  • No caso da presentación por parte de estudiantes avanzados, deberán acompañar so seu abstract co aval dun docente.
  • Máis información – IV Circular: http://pimamt.fahce.unlp.edu.ar/descargables/ii-jornadas-atlanticas-4ta-circular-v1-4.pdf