A profesora Ofelia Rey participa no encontro “Literatura e poder. Cultura escrita, ideoloxía e control social na Idade Moderna” (UniZar)
A profesora Ofelia Rey Castelao participará no encontro “Literatura e poder. Cultura escrita, ideoloxía e control social na Idade Moderna”, organizado pola Universidade de Zaragoza. O devandito encontro terá lugar o 23 de xuño e reúne a sete especialistas que abordarán diferentes temas, tendo como eixo a relación entre a historia e a literatura. A historiadora da USC vai analizar a imaxe das mulleres migrantes na literatura de época moderna, onde aparecen representadas con tinturas negativas, a pesares de que as mulleres do norte eran consideradas boas traballadoras. Todos os interesados en asistir ao encontro deberán escribir a jpostigo@unizar.es para inscribirse e poder participar.
Máis información no programa completo.