I Premio de Investigación «Instituto Feijoo de Estudos do Século XVIII»
O Instituto Feijoo de Estudos do Século XVIII, Universidade de Oviedo, convocou o I Premio de Investigación “Instituto Feijoo de Estudos do Século XVIII”, coa intención de apoiar a difusión de investigacións orixinais e inéditas en castelán que supoñan unha contribución relevante ao coñecemento de España «dos dous hemisferios» no século XVIII. O orixinal premiado será publicado por Edicións Trea. A convocatoria está publicada na páxina web do Instituto (https://ifesxviii.uniovi.es/noticias/-/asset_publisher/4De6/content/premio?redirect=%2F). O prazo de recepción de orixinais, cuxa extensión debe estar entre 350.000 e 750.000 caracteres con espazos, está aberto ata o 15 de decembro de 2022.