Investigadores vinculados ao GIHM participan en dous ciclos de conferencias que terán lugar na Universidade Nacional da Prata (UNLP, Arxentina) ao longo do mes de agosto. No primeiro, vinculado ás resistencias no mundo hispánico, participan Ofelia Rey Castelao (USC), Rubén Castro Redondo (UC) e Ana M. Sixto Barcia (USC). No segundo ciclo, relacionado coa temática dos espazos de poder e resistencia, participan Daniel Mena Acebedo (FPU, USC) e Eloy González Trueba (FPU, UC). As diferentes sesións terán lugar os días 02, 11, 12, 16 e 18 de agosto de 2022. Os citados investigadores están a realizar unha estadía de investigación en Arxentina no marco do proxecto europeo RESISTANCE: Rebellion and Resistance in the Iberian Empire, 16th-19th century, financiado polo programa Horizon 2020 da Comisión Europea, a través da acción Marie Skłodowska – Curie RISE (Research and Innovation Staff Exchange), convenio de subvención #778076.
