Seminario Internacional La conflictividad durante la Edad Moderna hispánica: fuentes, recursos y métodos na FEH (UCA, Argentina)

O martes, 23 de agosto, na Fundación para a Historia de España en Arxentina (UCA), vaise celebrar un seminario internacional sobre o conflito no mundo hispánico na época moderna, onde se impartirán diferentes relatorios a cargo das doutoras Ofelia Rey Castelao e Ana M. Sixto Barcia, membros do Grupo de Investigación en Historia Moderna (GI-1921), así como do doutor Rubén Castro Redondo, Universidade de Cantabria, e Eloy González Trueba, doutorando na Universidade de Cantabria.
A actividade desenvolverase no Campus Puerto Madero da Pontificia Universidade Católica de Arxentina, o 23 de agosto. Todos os interesados poderán asistir de forma presencial e de xeito gratuíto, sempre que a inscrición se formalice previamente por correo electrónico á FHE.
Máis informacións: http://www.fheargentina.com.ar/seminario-conflictividad-y-modernidad/