Ir ao contido principal

Conferencia da profesora Ofelia Rey na Cátedra Galicia-América da UNSAM (Arxentina)

O luns 22 de agosto, ás 15.00 horas de 2022, no Edificio Volta da Universidade Nacional de San Martín (CABA), a profesora Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM, impartirá a conferencia titulada “As mulleres frente a ausencia na Idade Moderna: Emigración masculina e empoderamento feminino en España (séculos XVI-XIX)”. A actividade científica está coordinada por Rui Farías e organizada pola Cátedra Galicia-América do proxecto Lectura Mundi da UNSAM.