CALL FOR PAPERS: XX Coloquio Internacional do Centro de Historia Criminal de Durango (novembro, 2022)
Amplíase o prazo para a presentación de comunicacións para o XX Coloquio Internacional do Centro de Historia Criminal de Durango até o 2 de outubro. O encontro celebrarase os días 3 e 4 de novembro de 2022 e estará dedicado ao tema “A criminalidade marítima e portuaria ao longo da historia”.
Dende a actividade fóra da legalidade na vida portuaria, ata o contrabando e o corso ou, simplemente, fenómenos de confrontación por interpretacións contrapostas ou diversas dos dereitos sobre os usos do mar -como itinerarios e como escenario de oportunidades, tráfico ou filón dos coutos pesqueiros e recursos da máis diversa natureza- son asuntos que se analizarán neste coloquio no que se conmemorarán 20 anos de historia e reflexión. As achegas abordan enfoques interdisciplinarios e atenden a unha ampla secuencia cronolóxica, dende o Mundo Antigo ata a actualidade.
Máis información: https://es.durangomuseoa.eus/chc-durango/coloquios/xx-coloquio