II Xornadas Internacionales de Historia do Mundo Atlántico na Primeira Modernidade (UNLP, 2022)
Os próximos 5, 6 e 7 de outubro celebraranse na Universidade Nacional da Prata (UNLP) as II Xornadas Internacionales de Historia do Mundo Atlántico na Primeira Modernidade. Nesta segunda edición, a reunión xira en torno á “Resistencia no espazo atlántico: África, América e Europa”. Nesta actividade participan varios membros do Grupo de Investigación de Historia Moderna, que intervirán os días 5 e 6 dentro da Mesa 1, en modalidade telemática. As ponencinas da devandita mesa, que está coordinada por Ana M. Sixto Barcia e Fernando Suárez Golán (Bloque I) e Ofelia Rey Castelao e Rubén Castro Redondo (Bloque II), terán lugar o mércores 5 de outubro no bloque I e o xoves 6 de outubro no bloque II . Asemade, nas mesas participarán recoñecidos especialistas, entre os que se atopan Domingo Luís González Lopo (USC), Eliseo Serrano (UZ), Maria Fátima Reis (UL), Antonio Salas Ausens (UZ), Encana Jarque (UZ) e outros máis.