XIII SEMI, Seminarios de Metodoloxía e Investigación en Historia Moderna (UC, 2022)

O vindeiro xoves 13 de outubro ás 18:00 h. celebrarase a primeira sesión da XIII SEMI, Seminarios de Metodoloxía e Investigación en Historia Moderna, da Universidade de Cantabria. Nesta ocasión, Arturo GALLIA, da Università Roma Tre, impartirá a conferencia “SIX históricos e ferramentas dixitais para a investigación histórica”.
A sesión desenvolverase no seu horario habitual, de 18.00 a 20.00 horas, de xeito presencial e en versión ONLINE por Teams, previa inscrición no correo electrónico: grupo.mundus@unican.es