Ir ao contido principal

Ofelia Rey Castelao recibe o Premio Nacional de Historia de España 2022

O grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921) alédase de informar de que Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e membro do GIHM, acaba de ser galardoada co Premio Nacional de Historia de España 2022, pola súa obra El vuelo corto. Mujeres y migraciones en la Edad Moderna, obra publicada polo Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela no 2021. A xuízo do xurado, o libro destácase por ser unha investigación de gran impacto e rigorosa sobre as migracións femininas na Idade Moderna, atenta ás causas e ás consecuencias deses movementos demográficos. Noraboa a autora.

                       Ofelia Rey Castelao na biblioteca da facultade de Xeografía e Historia (USC), ©xurxo lobato