Celebración das Xornadas do Ciclo de Seminarios Metodolóxicos do Máster “A Monarquía da Conveniencia. Dinámicas de negociación a escala de imperios (1621-1808)”

Ao longo dos meses de outubro e novembro de 2022 celebraranse as Xornadas do Ciclo de Seminarios Metodolóxicos do Máster “A Monarquía da Conveniencia. Dinámicas de negociación a escala de imperios (1621-1808)”. No citado seminario participarán diferentes especialistas destacados no ámbito da Historia Moderna. A profesora O. Rey Castelao falará de “Mulleres e migracións na Idade Moderna: fontes e métodos”, mentres que a profesora Torres Arce falará das “Dimensións do conflito no mundo urbano: liñas, conceptos e enfoques dun Grupo de Investigación” . O ciclo, organizado polos profesores Alberto Angulo, Ida Mauro e Roberto Quirós, é unha actividade común aos másteres interuniversitarios “Europa e o mundo atlántico: poder, cultura e sociedade” (UPV e UVA), “Historia e identidades no Mediterráneo occidental, séculos XV XIX” (UV, UB, UA e UJI) e “Monarquía de España, séculos XVI XVIII” (UAM, UC, USC).