Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Xornada Internacional Resistencias y mundo urbano en la Edad Moderna (USC & UC)

Datas: 23/11/2022 | 23/11/2022

O encontro, que se realizará en sesións mixtas (presencial e a distancia), terá lugar o 23 de novembro no Colexio de España de París (Francia). Nas xornadas, que están coordindas por Ofelia Rey (USC) e Susana Truchelo (UC), participan varios membros do GIHM.

O vindeiro 23 de novembro de 2022, no Colexio de España (París), celebrarase a Xornada Internacional Resistencias y mundo urbano en la Edad Moderna. O encontro está coordinado por Ofelia Rey Castelao, membro do Grupo de Investigación Historia Moderna da USC, e por Susana Truchelo, membro do Grupo Mundus da UC, e financiado polo proxecto Cidades e vilas atlánticas do noroeste ibérico: gobernanza e resistencias na Idade Moderna (PID2021-124823NB-C21). No encontro intervirán diferentes especialistas do ámbito nacional e internacional, que terán como eixo en común as resistencias urbanas ao final do Antigo Réxime. Entre os expositores destacan algúns membros do GIHM, como Mónica Fernández Armesto, Antonio González López, Pablo Vázquez Bello, Iago Castro Táboas, Alex Valledor Arostegui e Ana M. Sixto Barcia.  O programa (documento completo en adxunto) está conformado por seis sesións. Os interesados en asistir a distancia poden comunicarse coa secretaría. Os secretarios do encontro son Pablo Vázquez Bello (USC, email de contacto: pablovazquez.bello@usc.es) e Eloy González Trueba (UC).

[Ver programa completo en adxunto]

Descargar adxunto