III Seminario da Cátedra UNESCO 226 sobre Migracións. Cultura e migración intercontinental: o caso caboverdiano (25/11/22)
Datas: 25/11/2022 | 25/11/2022
O vindeiro venres 25 de novembro de 2022, de 10.00 a 12.30 horas, na aula dos seminarios de arte (último andar, área de despachos), Facultade de Xeografía e Historia (USC), celebrarase o III Seminario da Cátedra UNESCO 226 sobre Migracións. Cultura e migración intercontinental: o caso caboverdiano, coordinado por Camilo Fernández Cortizo e Domingo L. González Lopo (USC).

O encontro científico terá lugar o venres 25 de novembro de 2022, de 10:00 a 12:30 horas, na aula dos seminarios de arte da Facultade de Xeografía e Historia (USC).
Nesta ocasión, na reunión participará o doutor Elter Carlos, da Universidade de Cabo Verde, quen impartirá unha conferencia titulada “Caboverdianidade e emigração em Chiquinho de Baltazar Lopes da Silva”. A continuación, o doutor Lourenço Gomes, da Universidade de Cabo Verde, fará o propio coa conferencia, “Génese e primórdios da emigração cabo-verdiana para os EUA”. A reunión científica celebrarase tanto presencial como en modalidade a distancia e a actividade (gratuíta) está aberta a toda a comunidade investigadora. Entregarase diploma acreditativo aos asistentes.
Organiza: Cátedra UNESCO Nº 226 Sobre Migracións, Vicerrectoría de Planificación, Tecnologías e Sustentabilidade, Universidade de Santiago de Compostela e proxecto RESISTANCE (H2020-778076-MSCA-RISE-2017), financiado pola Unión Europea.