Blog: Reflexións sobre as derivas da Historia

O profesor Isidro Dubert, membro do GIHM da USC, reflexiona nunha entrevista feita por Miguel Vázquez Freire para a revista «Tempos Novos» (nº 305, outubro, 2022) sobre diferentes aspectos da Historia entendida como ciencia social e a natureza e o sentido do ensino da historia de Galicia. Entre outras cousas, nela se abordan cuestións como a manipulación que coñecen ámbalas dúas nos procesos de construción de relatos hexemónicos que xustifiquen o presente; a degradación que padece a Historia no actual proceso de re-creación e actualización de vellas narrativas de inspiración franquista; ou as razóns que explican o agocho do ensino da historia de Galicia –da súa historia– ás galegas e aos galegos quer na Secundaria quer na Universidade.
Pode consultar a entrevista completa na seguinte ligazón:
https://temposdixital.gal/destacadas/historia-investigacion-e-manipulacion/