Ir ao contido principal

Membros do GIHM participan nun Simposio en Lisboa (ICS-UL, CHAM & NOVA FCSH)

Os profesores Camilo Fernández Cortizo e Domingo L. González Lopo, membros do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921), participarán nun encontro científico organizado polo ICS-UL e o CHAM, xunto coa Universidade Nova de Lisboa. O simposio, que está financiado polo proxecto europeo RESISTANCE, terá lugar os días 9 e 10 de febreiro, no auditorio Sedas Nunes, do ICS en Lisboa. A reunión xirará en torno ao tema das resistencias e, en concreto, das modalidades de resistencias nos imperios ibéricos de época moderna, onde destacados especialistas debaterán sobre o eixe temático proposto. O profesor Domingo L. González Lopo impartirá unha conferencia titulada “Para que non se dilate o sufraxio e a alma non quede retida”: dereitos parroquiais e resistencia dos fieis na Galicia dos séculos XVIII e XIX”, o día 9 de febreiro ás 16:00 horas. Pola súa parte, o profesor Camilo Fernández impartirá o relatorio que leva por título “Emigrados liberais españois en Portugal (1826-1828): oposición e resistencia”, que se celebrará o día 10 de febreiro ás 11 horas.

[Programa completo en adxunto]

Descargar adxunto