Ir ao contido principal

O profesor Isidro Dubert participa no ciclo do Seminary Days (CISPAC, 2023)

O vindeiro 1 de febreiro o profesor Isidro Dubert, diretor do Grupo de Investigación Historia Moderna (USC), participará no ciclo do Seminary Days organizado polo CISPAC cunha intervención titulada “O despoboamento: mito ou realidade”.

O mencionado seminario, que xa vai pola súa cuarta convocatoria, desenvolverase a partires entre as 10:00 e as 13:00 horas do amentado día 1 no seminario 103 do Edificio Fontán, sito na Cidade de Cultura de Santiago de Compostela. A entrada é libre á tódolos membros da comunidade universitaria.

Máis información: https://cispac.gal/en/posts-actualidade/iv-seminar-day-of-the-cispac/

Descargar adxunto