“La paz de Utrecht y la reforma militar de Felipe V: un análisis y varias reflexiones partiendo de la experiencia gallega”
Autores: Saavedra Vázquez, María del Carmen
Ano: 2023
Studia Historica: Historia Moderna, 44, 2 (2022), pp. 85–116.DOI: https://doi.org/10.14201/shhmo202244285116
URL: https://revistas.usal.es/uno/index.php/Studia_Historica/article/view/31202/29089
RESUMO: O estudo dos cambios experimentados polo exército borbónico tras a paz de Utrecht constitúe o obxectivo deste artigo, que se basea na análise da documentación referida a Galicia conservada no Arquivo Xeral de Simancas (informes e correspondencia de secretaría de Guerra, contabilidade militar, rexistros de servizo) e en diversos arquivos municipais. O texto afonda no proceso de reforma das forzas que participaron na Guerra de Sucesión e nas reformas desenvolvidas na época de Alberoni, temas que ata o momento recibiron pouca atención por parte dos investigadores. En concreto, o artigo repasa a reforma dos tercios galegos en 1715 e as modificacións da planta militar, prestando especial atención aos efectos da restauración da Intendencia en 1718. Este estudo permite concluír que as reformas realizadas entre 1713 e 1720 aplicáronse con flexibilidade e deixando lugar a particularismos, o que lle dá especial interese a esta etapa e obriga a reconsiderar a imaxe homoxénea do exército de Felipe V.