VII Circular: Reunión da FEHM (Vitoria-Gasteiz, 2023)

A organización da próxima reunión da FEHM comunica na súa sétima circular que todas as propostas de comunicacións recibidas foron avaliadas e que se están a envíar as últimas mensaxes cos seus resultados. Lémbrase que a data límite para a recepción dos textos íntegros é ata o 31 de marzo de 2023. Deberán aplicarse as normas de redacción e citación fixadas pola organización nos textos finais, así como o modelo de comunicacións que se atopa na web.
Por outra banda, o formulario de inscrición de Gmail está habilitado e no apartado de inscrición, aberto dende o 17 de febreiro, pódense consultar as tarifas do encontro Científico.
Notas sobre a viaxe e a reserva de aloxamento
Recoméndase aos asistentes á Reunión Científica da FEHM reservar a súa estadía con certa anticipación. Vitoria-Gasteiz é unha cidade con aloxamento limitado, cunha oferta hoteleira reducida, que se pode considerar especialmente condicionada no verán. Ademais, a UPV-EHU non conta con ningunha residencia asociada á universidade. Para facilitar a tarefa, a organización dispuxo unhas ligazóns coa oferta hostaleira (hoteis, pensións, albergues…) e outra con aluguer de vivendas particulares durante as datas do evento. Por último, na páxina de Viaxes e Aloxamento proporcionarase un código para a redución do prezo das viaxes de RENFE.
Máis información: https://fehm-reuniones.csic.es/xvii-reunion-cientifica-vitoria-2023/