Ofelia Rey participa nos actos do Día Internacional da Muller no Arquivo do Reino de Galicia

Co gallo do Día Internacional da Muller 2023, a profesora Ofelia Rey Castelao, membro do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921) da USC, impartirá unha conferencia no Arquivo do Reino de Galicia. O relatorio, que leva por título “Mulleres e Historia: o fío que nos une”, terá lugar o día 7 de marzo de 2023, ás 19 horas, na Sala de conferencias do devandito arquivo da cidade herculina.
Máis información: https://arquivosdegalicia.xunta.gal/gl/arquivo-reino-galicia/evento/dia-internacional-da-muller-2023-conferencia-de-ofelia-rey-castelao