Ofelia Rey impartirá unha conferencia no Ateneo de Santiago

A profesora Ofelia Rey Castelao, membro do Grupo de Investigación en Historia Moderna (GI-1921) da USC, impartirá unha conferencia no Ateneo de Santiago. O relatorio, que leva por título «As mulleres e as migracións no pasado. Unha historia propia”, terá lugar o 6 de marzo de 2023, ás 19.30 horas, na sala de conferencias da Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela.
Máis información: https://ateneodesantiago.gal/axenda/evento/2260/conferencia-mulleres-e-migracions-no-pasado-unha-historia-propia-de-ofelia-rey-castelao