Ir ao contido principal

Contratados predoutorais do GIHM participan no III Seminário de Doutorandos em História (UMinho, 2023)

Investigadores vinculados ao Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921) participarán no III Seminário de Doutorandos em História. Desafios da História, organizado polo Grupo de História Social do Norte, da Universidade do Minho (Portugal). No encontro, que se celebrará os días 9 e 10 de marzo de 2023, interveñen Antonio González López, Pablo Vázquez Bello, Daniel Mena, Celia Enríquez Rubal, Iago Castro Táboas e Tomás Manso, entre outros xoves investigadores. Ademais da celebración presencial do evento, todos os interesados poden asistir ao encontro de xeito remoto, a través da aplicación ZOOM. Entregarase certificado de asistencia aos inscritos, sempre que se anoten antes das 20:00 horas do 03/08/2023 (https://forms.gle/mppGayKsTfA1fEpy9).

Máis información: http://www.moderna.ih.csic.es/fmi/xsl/fehm/anexos/P3A/Programa_VFinal_SF.pdf

 

Acceso á reunión en liña: https://videoconf-colibri.zoom.us/j/97850312573

Código da reunión: 978 5031 2573

Contrasinal: 977347

Nota: Recordase aos asistentes españois que no programa figura o horario de Portugal, polo que o deben axustar ao noso fuso horario.