Isidro Dubert participa nunha xornada interdisciplinar en Outes (febreiro, 2023)

Isidro Dubert, membro do GIHM da USC, e Antía Pérez-Caramés, integrante do grupo de investigación ESOMI da UDC, participaran este xoves 23 de febreiro ás 18:30 horas no programa combinado que organizan as XVII Xornadas de Información Sociosanitaria e o II Programa Universitario de Maiores do IV Ciclo da USC cunha conferencia titulada: Demografía e futuro da sociedade galega.
A palestra terá lugar na Casa da Cultura do Concello de Outes e conta coa colaboración do amentado concello, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, ADISBISMUR, Asociación Cultura Terra de Outes e a USC.
Máis información sobre a xornada: