Mesa redonda en liña: O legado social e cultural da monarquía hispánica. Historia comparada. Realidade e imaxe da muller en Cataluña-España-América. Época moderna

O 22 de maio de 2023, ás 17.00 h España / 10.00 h. Perú, celebrarase a mesa redonda en liña: O legado social e cultural da monarquía hispánica. Historia comparada. Realidade e imaxe da muller en Cataluña-España-América. Época moderna. A actividade está organizada pola Universitat Abat Oliba CEU e coordinada pola Cátedra Rey Martín el Humano, Conde de Barcelona da Universitat Abat Oliba.
Nesta mesa redonda participa a gañadora do Premio Nacional de Historia de Esapañ, Ofelia Rey Castelao, profesora da Universidade de Santiago de Compostela e membro do GIHM, Rosa María Alabrús Iglesias, directora da Cátedra Rey Martín el Humano, Conde de Barcelona da Universitat Abat Oliba CEU, e Gloria Cristina Flórez Dávila, responsable da Cátedra Ella Dunbar da Universidade Nacional Mayor de San Marcos en Perú. A reunión en liña pretende abordar novas liñas de investigación sobre a proxección social e cultural da monarquía hispánica en diversos ámbitos territoriais (Cataluña-España-América), a través da historia comparada da realidade e da imaxe das mulleres na idade moderna.
Programa:
Ofelia Rey Castelao (Universidade de Santiago de Compostela): O voo curto. Mulleres e migracións na Idade Moderna (Premio Nacional de Historia de España, 2022)
Gloria Cristina Flórez (Universidade Nacional de San Marcos do Perú): Matrimonio e adulterio no mundo hispánico: as xerónimas de Lima e Valladolid.
Emma Patricia Victorio Cánovas (Universidade Nacional de San Marcos do Perú): Vestimenta e identidade: indios nobres e procesións nas pinturas da igrexa de Santa Ana no Cusco (século XVII).
Rosa María Alabrús Iglesias (Universidade Abat Oliba CEU, Barcelona): A monarquía na Cataluña moderna e a exemplaridade feminina.
Máis información: https://www.uaoceu.es/mujer-moderna-edad