Ir ao contido principal

Os profesores Domingo L. González Lopo e Camilo Fernández Cortizo realizan unha estadía de investigación e divulgación científica en Cabo Verde

 

Os profesores Domingo L. González Lopo e Camilo Fernández Cortizo, membros do GIHM, están a realizar unha estadía de investigación en Cabo Verde, ao abeiro do proxecto europeo RESISTANCE: Rebellion and Resistance in the Iberian Empire, 16th-19th centuries (Ref. RISE 2017. Nº 778076. H2020-MSCA-RISE-2017). Durante a mesma, os devanditos investigadores da USC realizaron varias reunións de traballo con diversas autoridades da institución de acollida, a Universidade de Cabo Verde, para incentivar as relacións dos dous centros de estudo para fomentar a internacionalización.

Recepción na reitoria, coa Pro-Reitora de Investigação e Formação Avançada

 

Recepción na Direcção da FCSHA

Asemade, os historiadores da USC impartirán varios cursos e participarán no VII Simposium Cultural resistance across de Iberian Empires, 1500-1850, que se celebrará entre os días 6 e 8 de xuño de 2023 e que reunirá en Cabo Verde a especialistas de trece institucións investigadoras de relevo, como Universidade de Évora, a Universidade Nova de Lisboa, o Instituto de Ciencias Sociais (ICS-ULisboa), o Instituto Universitario de Lisboa (ISCTE-IUL), a Universidade de Cantabria, a Universidade de Santiago de Compostela, o Max Planck Institute (Alemaña), a Brown University (EEUU), a Universidade Federal da Bahía (Brasil), a Pontificia Universidade Católica de Santiago de Chile (Chile), a Universidade Nacional da Prata (Arxentina), o Colexio de Michoacán (México) e a propia Universidade de Cabo Verde.

Encontro cos membros Catedra UNESCO de Historia e Patrimonio da UniCV

Asemade, a través desta estadía tamén se busca fomentar as relacións entre a Cátedra UNESCO de Migracións 226 da USC coa cátedra Catédra UNESCO de Historia e Patrimonio da Universidade de Cabo Verde.