Publicación do libro “Información, saber e poder en Galicia a finales del Antiguo Régimen (ss. XVIII-XIX)”, de Álvaro Benedicto Pérez Sancho

Publicación do libro Información, saber e poder en Galicia a finales del Antiguo Régimen (ss. XVIII-XIX), de Álvaro Benedicto Pérez Sancho, editado pola Universidad de Valladolid en 2023.
Este traballo, que propón unha investigación sobre temas innovadores, forma parte dunha corrente historiográfica en auxe como é a Historia da Información. A través do estudo das prácticas informativas político-administrativas, o autor aborda a análise dun territorio periférico como é o Reino de Galicia ao final do Antigo Réxime. Este período destacou polo interese da Administración cara á recollida de información a través de diferentes averiguacións. A análise destas operacións, do territorio, dos sistemas e prácticas informativos demostra a notable complexidade dos procesos de recollida de información, os seus límites e resistencias, que estaban condicionados polas propias características do modelo do Antigo Réxime. Todo isto enmárcase nunha lenta erosión do vello orde, nas transformacións nas relacións de poder e coñecemento entre gobernantes e gobernados e nun longo proceso de construción do Estado.