Ir ao contido principal

Coloquio Internacional “Un Océano, dous destinos. Ferrol e Portsmouth entre 1700 e 1850: Mariña, arquitectura, tecnoloxía, patrimonio e cultura urbana” (UDC)

Durante os días 13, 14 e 15 de setembro, no Salón de Actos da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña, sito no Campus de Esteiro (Ferrol), vaise celebrar o Coloquio Internacional “Un Océano, dous destinos. Ferrol e Portsmouth entre 1700 e 1850: Mariña, arquitectura, tecnoloxía, patrimonio e cultura urbana”. Esta actividade está organizada e dirixida polo profesor Manuel-Reyes García Hurtado, da Universidade da Coruña.

A inscrición no coloquio é gratuíta e todos os interesados ​​poden participar de xeito presencial ou a distancia. Os/as interesados/as poden realizar a inscrición a través do formulario web. Todos os participantes obterán un certificado de asistencia.

Programa completo