Ir ao contido principal

Castro Redondo, Rubén

Profesor Axudante Doutor

ruben.castro@usc.es

Profesor Axudante Doutor de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela, acreditado a profesor titular pola ANECA.

Licenciado en Historia (2010), con Premio Extraordinario, Máster en Profesorado de E.S.O. e Bacharelato, F.P. e Ensinanzas de Idiomas (2011) e doutor en Historia Moderna pola USC (2016), con mención internacional e Premio Extraordinario (2018). En 2018 foi contratado posdoutoral na Sorbonne Université (un ano) e en 2019 na Universidade de Lisboa (un mes), condición á que renuncia tras gañar un concurso público de axudante doutor en Historia Moderna na Universidade de Cantabria. En maio de 2024 renuncia voluntariamente a dito contrato tras gañar un concurso de axudante doutor en Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela, onde continúa.

Conta con cinco estadías de investigación: dúas na École des Hautes Études en Sciences Sociales (2015 e 2016), de tres meses cada unha, e outras tres dun mes de duración na Pontificia Universidad Católica de Chile (2019), na Universidad Nacional de La Plata (2022) e na Universidad Nacional Autónoma de México (2023). Realizou ademáis unha estadía docente na Université du Littoral-Côte d’Opale (2024).

Foi galardoado en 2016 co XVII Premio de Investigación Ferro Couselo, polo traballo Entre colmos, rebolas e dobres varas de medir. Conflitos por medidas na Galicia moderna (séculos XVI-XIX), e en 2019 co II Premio de Investigación Xesús Taboada Chivite, polo traballo De señores, señoríos e medidas do país. Cartografía metrolóxica da Galicia Moderna.
Ademais das citadas monografías, publicou como único autor Cartografía  digital de Galicia en 1753: jurisdicciones, provincias y Reino (dúas edicións), e coordinou outras dúas: xunto a Ofelia Rey Castelao e Camilo J. Fernández Cortizo (eds.) La vida inquieta. Conflitos sociales en la Edad Moderna; e xunto a Pablo F. Luna, Resistencias campesinas en los espacios rurales de Europa y América en la Edad Moderna, xerando todas elas ata 9 reseñas en revistas especializadas.

Participou nun total de 9 proxectos de investigación: dous autonómicos (Galicia): 1. Consolidación e estruturación GI-1921 Historia Moderna (GPC2013-049): 70.000 €; 2. Plan director da Facultade de Xeografía e Historia (2017-CU002): 8.300 €; seis proxectos nacionais: 1. Como Investigador Principal, CASTILLAE METRUM. Cartografía digital de los sistemas metrológicos en la Castilla Moderna (PID2020-118939GA-I00): 22.900 €; como equipo de investigación: 2. Cultura e identidades urbanas en la Castilla moderna, su produción y proyecciones (HAR2009-13508-C02-02): 42.713,01 €; 3. Ciudades, gentes e intercambios culturales en la Monarquía hispánica (HAR2012-39034-C03-03): 30.420 €; 4. CULTURBAN. Culturas urbanas: las ciudades interiores en el noroeste ibérico. Dinámicas e impacto en el espacio rural (siglos XVI-XIX) (HAR2015-64014-C3-3-R): 84.400€; 5. Culturas Urbanas y Resistencias en la Monarquía Hispánica en la Edad Moderna (PGC2018-093841-B-C31): 36.300 €; 6. THEMIS. Usos de la justicia en la Europa mediterránea. Género y cultura, del pasado a la modernidad (EIN2020-112239): 10.000€; e un proxecto europeo: RESISTANCE, Rebellion and Resistance in the Iberian Empires, 16th-19th centuries (H2020-MSCA-RISE-2017):1.030.500 €.

Conta con máis de corenta participacións en congresos tanto nacionais como internacionais (Francia, Portugal, Italia, Bélxica, Alemaña, Arxentina, Chile, México), formando parte do comité organizador de dúas ducias de congresos científicos internacionais. En 2022, organizou xunto con Pablo F. Luna (Sorbonne Univeristé) o congreso internacional Resistencias campesinas en los espacios rurales de Europa y América durante la Edad Moderna. Foi chair do panel 903 e discussant do panel 702 na 4th Conference of the European Rural History Organisation (París, 2019), e coordinador de sesión nas XI Xornadas de Historia Moderna e Contemporánea (U. Nacional del Sur, Arxentina, 2021) e no VI Encontro Internacional de Jóvenes Investigadores en Historia Moderna (U. Santiago de Compostela, 2022).

En tareas de xestión, foi Coordinador da materia de Historia de España na EBAU da Comunidade Autónoma de Cantabria (2020-2023), Responsable da Área de Historia Moderna da Universidade de Cantabria (2021-2023) e Subdirector do Departamento de Historia Moderna e Contemporánea de dita universidade (2022-2024).

Dispón dunha web persoal de transferencia de investigación con máis de 28.000 visitas: Galicia Digital 1753; ademais de ter creado a web do proxecto CULTURBAN (+9.000 visitas): CULTURBAN.

Currículum

Publicacións