A Fundación para a Historia de España (Arxentina) reseña unha obra clásica da historiografía galega

A Fundación para a Historia de España en Arxentina, en colaboración co Grupo de Investigación Historia Moderna, reseña unha obra clave da historiografía galega: A poboación de Galicia, 1700-1860, do profesor Antonio Eiras Roel, fundador da Área de Historia Moderna da USC. Uu traballo madurez que sintetiza catro décadas de estudo serio e comprometido con Galicia. Nesta ocasión, a Fundación para a Historia de España escolleu este libro publicado en 1996 no seu programa “Clásicos con Historia”, o cal pretende reivindicar obras clásicas de impacto e rescatar aquelas monografías destacadas para o público americano.
Pode aceder ao vídeo premendo aquí: https://www.youtube.com/watch?v=9ydSEXvutbA
Máis información sobre a FHE: http://www.fheargentina.com.ar/