A poboación de Santiago de Compostela, 1630-1860

Seguindo as directrices da escuela demográfica francesa, o Grupo de Investigación de Historia Moderna ven de publicar un dos poucos estudos feitos en España aplicando o clásico método da reconstrucción de familias ó eido urbano. Os resultados obtidos o xustificaban, pois conseguen explicar o devir demográfico de Santiago de Compostela entre 1630 e 1860 a partires da interacción habida entre a mortalidade, a fecundidade, a nupcialidade ou a inmigración urbana. No traballo préstase asemade atención á exposición infantil ou ó medre que a partires dun intre determinado experimenta a ilexitimidade. Todos estes comportamentos son analizados asemade dende unha perspectiva social. Fala así a verdadeira protagonista da historia de Santiago: a súa poboación.