A profesora Ofelia Rey Castelao falará sobre as migracións femininas na Universidade de Granada

A profesora Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna da USC e membro do Grupo de Investigación Historia Moderna, participará como convidada no seminario do mestrado Historia: De Europa a América. Sociedades, Poderes e Culturas, coordinado por Carmen Trillo e Miguel Luis López-Guadalupe Muñoz, Universidade de Granada. Nesta ocasión, a especialista da USC impartirá a conferencia “Marchar ou quedarse: mulleres e migracións na España Moderna”, onde abordará a mobilidade feminina ao longo do Antigo Réxime, tema central do seu último libro publicado en 2021.