Ir ao contido principal

A profesora Ofelia Rey Castelao imparte a conferencia inaugural do programa de doutorado en Historia da Universidade de Sevilla (novembro, 2022)

A profesora Ofelia Rey Castelao, membro do Grupo de Investigación en Historia Moderna da USC, impartirá a conferencia inaugural do curso 2022-2023 do Programa de Doutoramento en Historia da Universidade de Sevilla. O encontro terá lugar o 15 de novembro, ás 18.00 horas, na Aula Profesora Carriazo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Sevilla. A especialista da USC, que recibiu recentemente o Premio Nacional de Historia de España por unha obra sobre as migración femininas na época moderna, abordará este tema, nunha ponencia que leva por título: “Muller e migración: o reto de abordar a mobilidade na Idade Moderna”.