A profesora Ofelia Rey Castelao participa inaugura o curso no Centro de Estudos Históricos de Granada e o seu Reino

A catedrática Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM, impartirá o relatorio “Por forza e violencia. O voto de Santiago no Reino de Granada, séculos XV ao XIX” o día 04 de novembro de 2021 ás 19:00 horas. O acto foi organizado co gallo da inauguración do curso académico no Centro de Estudos Históricos de Granada e o seu Reino e estará presidido pola Sra. Reitora Magnífica da Universidade de Granada. O evento será presencial no Colexio Maior San Bartolomé e Santiago (Granada), aínda que tamén se pode seguir a distancia a través do seguinte enlace: meet.google.com/jua-rgxe-ath
Máis informacións: https://granada.cehgr.es/actividades/noticias-de-interes/218-2021-10-30-12-03-17