A profesora Ofelia Rey Castelao participará no XVI Seminario a Vida Cotiá na España Moderna (UCM, 2022)
A profesora Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM, impartirá a conferencia “Matar a un gobernador: dureza da vida e desafíos femininos contra as autoridades na Galicia Moderna” no XVI Seminario a Vida Cotiá na España Moderna. Este encontro, organizado pola Universidade Complutense de Madrid e coordinado por Gloria Franco Rubio, celebrarase do 26 ao 28 de abril de 2022 no salón de grados da Facultade de Xeografía e Historia. O relatorio da especialista da USC, centrado no papel feminino nas revoltas sociais do Ferrol de finais do Antigo Réxime, entre outros temas, terá lugar o día 27 de abril ás 10:30 horas.
Máis información no programa anexo.