A profesora Ofelia Rey impartirá unha conferencia sobre a conventualidade feminina no Museo de Pontevedra

A catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela e membro do GIHM, Ofelia Rey, impartirá unha conferencia no Museo de Pontevedra o día 16 de marzo de 2023. O relatório levará por título “Emancipación e transgresión. Mulleres nos conventos na Idade Moderna” e terá lugar ás 20.00 horas na igrexa do Convento de Santa Clara.
Na Idade Media fundáronse moitos mosteiros e conventos femininos, pero aínda máis na Idade Moderna. Foi un feito social e económico máis que relixioso: as fillas das familias ricas e poderosas eran metidas nos conventos cando eran nenas e alí quedaban para sempre, de non aparecer con quen casalas. Neses encerramentos levaban unha vida acomodada e sen grandes preocupacións grazas a que as casas monacais –que cobraban fortes rendas- eran amplas e estaban ben fornecidas, a comida era abundante e de calidade, o vestido non se limitaba ao hábito e as celas tiñan comodidades. Por outra banda, as esixencias relixiosas eran bastante levadeiras, non tiñan que traballar e as monxas mantiñan unha relación co mundo de fóra mediante as visitas de parentes e de persoas amigas, as criadas que entraban e saían e incluso novizas e profesas podían distraerse con certas diversións.
Máis informacións: https://museo.depo.gal/web/museo/-/actividade-conferencia-de-ofelia-rey-castelao